Saltar ao contido

Nibaldo Bahamonde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNibaldo Bahamonde

(2005) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalJorge Nibaldo Bahamonde Navarro
Biografía
Nacemento20 de abril de 1924 Editar o valor en Wikidata (100 anos)
Ancud, Chile Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalLicenciado en Filosofía
(Con mención en Ciencias Biolóxicas e Químicas)
EducaciónUniversidade de Chile
Actividade
Ocupaciónprofesor, investigador, hidrobiólogo
EmpregadorUniversidade de Chile
Pontificia Universidade Católica de Chile
Museo Nacional de Historia Natural de Chile
Membro de
Familia
CónxuxeSilvia Avilés Editar o valor en Wikidata
PaisNicanor Bahamonde Editar o valor en Wikidata  e Virginia Navarro Editar o valor en Wikidata
Premios

Jorge Nibaldo Bahamonde Navarro, nado en Ancud, Chiloé, Chile o 20 de abril de 1924, é un científico chileno.

Foi profesor de Ciencias Biolóxicas e Química na Universidade de Chile e investigador xefe da Sección de Hidrobioloxía do Museo Nacional de Historia Natural de Chile1 entre 1950 e 1982.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Nibaldo Bahamonde naceu na cidade de Ancud, en Chiloé, fillo de Nicanor Bahamonde e Virginia Navarro, ambos os pais mestres de primaria. En Ancud cursou os seus estudos primarios nos salesianos, e o bacharelato no Liceo "Punta Arenas", de Dalcahue, e no Liceo Superior de Ancud, graduándose en 1939. En 1940 comezou os estudos universitarios en Santiago de Chile, no Instituto Superior de Humanidades da Facultade de Filosofía e Educación da Universidade de Chile, e en 1943 ingresou no Instituto Pedagóxico desta Universidade, onde acadou en 1946 o grao de Licenciado en Filosofía, con mención en Ciencias Biolóxicas e Químicas, e despois o título de Profesor de Ciencias Biolóxicas e Químicas.

En 1951 casou coa académica Silvia Avilés, que foi a primeira docente de embrioloxía e histoloxía no Instituto Pedagóxico da Universidade de Chile.

En 1955 obtivo unha bolsa de estudos da Nacións Unidas (especificamente da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura FAO), grazas á cal Nibaldo Bahamonde realizou estudos de posgrao en Escandinavia, onde se especializou na bionomía de especies de importancia económica e na dinámica de poboacións en Dinamarca, Suecia e Noruega. Neste período incorporouse ao Museo Zoolóxico de Bergen, institución tna que traballou co profesor Hans Brattström, e tamén traballou no Instituto de Investigacións Mariñas e Pesqueiras de Bergen, estudando as dinámicas das poboacións do bacallau e o arenque. As súas investigacións internacionais leváronno, ademais de a Suecia e Noruega, a Inglaterra, Francia e o Brasil.

Labor docente

[editar | editar a fonte]

Como docente, Nibaldo Bahamonde comezou cedo. Inicios que foron ad honorem, como axudante na Cátedra de Bioloxía Xeral, do profesor Parmenio Yáñez, creador da Estación de Bioloxía Mariña de Montemar. Posteriormente impartiu clases no Instituto de Oceanoloxía. Despois foi axudante de Zooloxía no Departamento de Bioloxía do Instituto Pedagóxico da Univereidade de Chile. Entre 1950 e 1956 traballou, xunto a Guillermo Mann, como xefe do Laboratorio de Títulos e Memorias da Cátedra de Zooloxía. En 1957 foi profesor do Centro de Investigacións Zoolóxicas da Universidade de Chile, até que, en 1974, foi nomeado Profesor Titular da Facultade de Ciencias desta universidade, exercendo como docente até o ano 1988.

Así mesmo colaborou como docente na carreira de Bioloxía Mariña da Universidae de Chile, ademais de impartir clases de Ecoloxía acuática na Facultade de Medicina da Universidade de Chile. En 1951 foi profesor de Zooloxía e Hidrobioloxía na Pontificia Universidade Católica de Chile.

Labor no Museo Nacional de Historia Natural de Chile

[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1950 e 1982 foi Director da Sección de Hidrobioloxía do Museo Nacional de Historia Natural de Chile (MNHN). A súa chegada ao MNHN produciuse en maio de 1950, cando foi convocado por Humberto Fuenzalida Villegas, director do museo. O seu traballo nesta institución realizouse frecuentemente con poucos recursos, pero si con moito tesón. Colaborou en moitas tarefas do museo, como a creación da colección de animais acuáticos máis importante de Chile, ou ben na formación do Noticiario Mensual da institución, medio creado polo director, Humberto Fuenzalida, e dirxido por Grete Mostny.

Outra área na que Nibaldo Bahamonde foi de grande axuda ao MNHN foi a de establecer relacións e alianzas entre o museo e outras institucións científicas, tanto chilenas como estranxeiras. Por exemplo, o nexo creado co Instituto de Fomento Pesqueiro de Chile permitiu a creación de coleccións de especies do Noiro continental de Chile. A súa colaboración cos directores do MNHN foi estreita, sobre todo con Grete Mostny, a quen asesorou en cuestións de historia natural durante toda a súa xestión como directora (1964-1982).

Nibaldo Bahamonde xubilouse en abril de 1982.

Reoñecementos

[editar | editar a fonte]

Desde temperá idade, o labor científico de Nibaldo Bahamonde foi obxecto de premios e recoñecementos. Aos 26 anos, en 1950, recibiu o título de Cabaleiro da Orde de Vasa, que outorga0 Suecia, polo seu labor na expedición da Universidade de Lund a Chile. A Sociedade Mexicana de Historia Natural fíxoo membro en 1954. En 1964 recibiu a medalla da Universidade de San Marcos de Lima, Perú, e en 1975 foi premiado pola Dirección de Bibliotecas, Arquivos e Museos de Chile, polos 25 anos de servizo no Museo Nacional de Historia Natural, entidade que en 1984 galarouno coa Medalla de Ouro do MNHN. En 1982 a Sociedade de Bioloxía de Chile outorgoulle un diploma. En 1983 foi designado Membro de Número da Academia de Ciencias do Instituto de Chile, á que se incorporou o 20 de maio de 1984. En 1996 a Universidade de Valparaíso nomeouno Profesor Honorario e, en 1997, a Universidade Metropolitana de Ciencias da Educación nomeono Profesor Emérito.

Varias especies foron nomeadas para honralo, tales como Batrachyla nibaldoi,[1] Projasus bahamondei, Mesoplodon bahamondi (hoxe clasificado como Mesoplodon traversii),[2][3] e Metacrangon bahamondei.

En 1996 obtivo o Premio Nacional de Ciencias de Chile,[4] pola súa traxectoria como investigador, así como polo seu labor formativo de novos científicos.[5] Así mesmo premiouse o seu labor fundador de institucións de educación e investigación en Chile.

Foi nomeado Profesor Emérito da Universidade de Chile en 2004.[6]

  1. Formas, J. Ramón (1997). "A new species of Batrachyla (Anura: Leptodactylidae) from southern Chile". Herpetologica 53 (1): 6–13. JSTOR 3893239. 
  2. Mesoplodon traversii (Gray, 1874) no WoRMS. Consultado o 2 de decembro de 2020.
  3. Aínda así, esta espeie coñécese internacionalmente cos nomes vulgares de zifio de Travers e zifio de Bahamonde.
  4. Báez, Pedro (decembro de 1996). "Jorge Nibaldo Bahamonde Navarro, Premio Nacional de Ciencias 1996". Noticiario Mensual del Museo Nacional de Historia Natural (327): I–III. ISSN 0376-2041. 
  5. Acevedo, Nieves (3 de marzo de 2016). "Veinte años del Premio Nacional de Ciencias a Nibaldo Bahamonde". Museo Nacional de Historia Natural. Consultado o 20 de decembro de 2020. 
  6. Vila, Irma; Montecino, Vivian (2005). "Nibaldo Bahamonde Navarro Profesor Emérito, Universidad de Chile". Revista Chilena de Historia Natural (78): 171–176. ISSN 0716-078X.